Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Espectáculos teatrais en Vimianzo e Cee para lembrar a Rosalía de Castro

Vimianzo. O Concello de Vimianzo conmemorará a figura de Rosalía de Castro co alumnado do IES Terra de Soneira e do CEIP San Vicenzo, programando unha intervención teatralizada baixo o título Sempre Rosalía, a cargo de Producións Dispersas.

Será este xoves, 24 de febreiro, a partir das 12.00 horas na casa da cultura. Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, e o actor Diego Freire irrompen na actividade. Inician un diálogo para achegar a súa figura ás persoas participantes.

Pola súa banda, o Concello de Cee programou para o sábado día 26 ás 20.00 horas a función teatral Libre como os paxaros, a cargo de Teatro do Atlántico. A compañía galega, constituída no ano 1985 por María Barcala e Xulio Lago, leva realizadas ata o momento 35 producións e recibido os premios María Casares e da Crítica de Galicia. Na casa de cultura ceense pode verse tamén unha pancarta de homenaxe á escritora. J. M. R.

23 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.