Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 febrero 2023
01:00
h

Esteban Freiría leva a Filipinas a súa liña de moda con encaixe de Camariñas

O deseñador vigués afincado en Marbella, Esteban Freiría, será embaixador español no certame MDM en Manila cunha das catro pezas presentadas na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

Farao no concurso MDM de Filipinas cun dos traxes de toureiro con detalles picassianos que desfilou na pasarela local, da súa colección Óleo y arena, con cores vermellos, amarelos, verdes ou negros, co encaixe pintado ao óleo, en acuarela ou plumilla, xogando cos volúmenes e as cores. Estase a celebrar esta semana.

“Para mi es un honor representar a España con una colección tan especial, y de la que ya disfrutamos el pasado abril en Camariñas. Situar al encaje en un paraíso como Filipinas es un hito del que me acordaré siempre”, sinala Freiría, quen avanza que “nos vaiamos preparando para o vindeiro abril”, xa que está a traballar “nunha colección que non deixará indiferente a ninguén”.

26 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.