Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Exposto en Baio parte do legado de Labarta Pose

Zas. O centro sociocultural de Baio acolle dende o sábado unha exposición permanente que recolle parte do legado do escritor baiés Enrique Labarta Pose. A mostra inclúe varias obras do autor, coleccións de revistas, unha obra de teatro en castelán, manuscritos inéditos e un poema inacabado, ademais de recortes de prensa, postais, publicacións en revistas do século XIX e mesmo o testamento do autor. Un legado documental que lle fora cedido inicialmente polo fillo do escritor a José Rojo Valiña, e agora a familia deste último entregoullo ao Concello de Zas coa condición de que a colección permanecese en Baio e que fose de acceso público. O material foi clasificado e estudado polo filólogo Xosé María Rei, quen participou na inauguración da mostra, xunto co alcalde de Zas, Manuel Muíño; Jorge Mira, coordinador da comisión que traballa para que se adique o Día das Letras a Labarta Pose, e varios dos membros da mesma. J. M. R.

21 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.