Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Expropiacións para ampliar a estrada que une Camelle e Ponte do Porto

Os propietarios das 43 fincas afectadas están citados o 8 de marzo para recibir os pagos

Camariñas. A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia o anuncio de pago de depósitos previos á ocupación dos 43 predios afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada DP-1601 que vai de Ponte do Porto a Camelle, en Camariñas. Os veciños e veciñas propietarios dos terreos afectados están citados o 8 de marzo entre as 16.15 e as 17.45 horas, no Museo Man para que a Deputación lles efectúe o pago dos depósitos previos.

Unhas obras nas que a Deputación da Coruña investirá 187.438,46 euros e que inclúen a construción de beirarrúas en ambas marxes da estrada cun ancho medio de 2 metros, a dotación de beiravías de 0,5 metros, a execución dunha zona de estacionamento de vehículos en liña na marxe dereita da estrada entre os PK 4+310 e 4+420 e, por último, a renovación do pavimento de todo o tramo.

Ademais, no proxecto tamén se contempla a renovación da iluminación existente na estrada e a reposición dun tramo de rede de saneamento na marxe esquerda, entre os PK 4+250 e 4+350, xa que resultará afectado pola execución das obras. O prazo de execución é de 5 meses.

Pola súa banda, a Xunta convocou aos afectados pola construción das sendas de Soesto e Serantes, nas que investirá 334.000 euros, para o levantamento de actas previas á ocupación o 7 de marzo, das 10.30 ás 12.15 horas, na casa do concello de Laxe. A formalización das actas de ocupación será o 23 de maio, na mesma hora e lugar. M. L.

25 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.