Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Fin de semana musical na Costa da Morte

Dumbría viviu unha noite histórica co Festival Vákner // En Cee vibraron co son das gaitas do grupo Mitic

    Cargando reproductor ...

A música soou con forza esta fin de semana na Costa da Morte. En Dumbría, o prato forte do Festival Vákner chegou cando os Gaiteiros de Buxantes saíron ao escenario para abrir un concerto no que, trala súa aplaudida actuación, Luar Na Lubre compartiu escenario con convidados de excepción: Ismael Serrano, Carlos Goñi (líder de Revólver), Víctor Manuel e Alexandra Suárez.

Foi unha noite histórica, non só por ser un concerto nunca visto ata o momento, senón tamén por poñer en valor ao Vákner. A besta que atemorizaba aos peregrinos xa é moi familiar na Costa da Morte e máis aló, despois de que tamén nos actos do Festival Vákner se descubrise a estatua do lobishome, no Marco do Couto de Dumbría. Trátase da primeira en España destas características e é obra de Cándido Pazos.

O concerto tivo un gran éxito de convocatoria e foron moitas as persoas, chegadas de diferentes puntos do mapa, as que se achegaron ao campo de fútbol de Dumbría para disfrutar de éxitos de Luar Na Lubre como Chove en Santiago, cantada nesta casión xunto a Ismael Serrano. Carlos Goñi interpretou Mártiros, entre outros temas, mentres que Víctor Manuel puxo a voz a outras como Afiador. A historia do monstro que se lle apareceu a un bispo armenio hai seis séculos na súa peregrinaxe polas terras de Dumbría non podería estar máis viva.

Pola súa banda, en Cee o grupo Mitic fixo vibrar ao numeroso público que se deu cita na Praza do Concello para gozar dun concerto no que o son das gaitas foi o gran protagonista. A actuación enmarcouse nos actos do Ano Xubilar Mariano da Virxe da Xunqueira.

30 may 2022 / 13:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.