Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Formación a prol dunha mobilidade segura en Baio

Zas. O vindeiro venres 5 de novembro, ás 11.00 horas, o Centro Sociocultural de Baio acolle o taller que ten como título Móvete seguro. Envellecer é signo de vida, que será impartido pola Asociación Stop Accidentes Galicia.

Esta é unha actividade dirixida principalmente a persoas maiores de sesenta e cinco anos. Os interesados en asistir deberán inscribirse previamente.

Poderán facelo en calquera dos centros socioculturais (Baio e Zas), ou chamando ao número 981 751 398 (de luns a vernes de 09.00 a 14.00 horas) ou ben ao 981 718 056 (de martes a venres de 15.30 a 21.30 horas e tamén os sábados de 10.00 a 18.00 horas). J. M. R.

03 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.