Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formación e cultura no Mes da Fundación Fernando Blanco de Cee

Conferencias, obras teatrais e concertos farán desfrutar aos escolares e adultos

Cee. A Fundación Fernando Blanco de Lema, de Cee, coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolverá en outubro a novena edición do programa educativo e cultural O mes da Fundación.

Este é un mes cargado de simbolismo para a Fundación e para Cee, pois nel aconteceron dous dos feitos máis relevantes da súa historia: o nacemento de Fernando Blanco de Lema (18 de outubro de 1796) e a inauguración do instituto que leva o seu nome (2 de outubro de 1886).

A estrutura desta novena edición será similar á de pasados anos, artellándose un programa específico para os distintos niveis educativos de todos os colexios do concello de Cee e outro paralelo para o público en xeral, que se desenvolverá os sábados días 8, 15, 22 e 29 ás 20.30 horas no Auditorio Baldomero Cores da casa da cultura.

A programación comezará o día 8 cunha conferencia do mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga, co título O mar non se acaba. O mar hai que coidalo. O día 15, Abraham Cupeiro ofrecerá o concerto comentado Resoando no pasado. Unha semana despois o fotoxornalista Xurxo Lobato impartirá a conferencia titulada A linguaxe da fotografía, e o 29 Farándula Velutina pechará os actos abertos ó público ca representación de A derradeira bala.

Os escolares dos centros educativos do municipio desfrutarán de funcións teatrais, conferencias e obradoiros. Trémola Teatro abrirá o ciclo o día 14 coa presentación da obra Pipo, o paxaro que non sabía voar. M. LAVANDEIRA

01 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.