Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Gala solidaria en Vimianzo a favor da Cruz Vermella e a agrupación de Cáritas

A Praza do Concello acolle desde esta fin de semana a única pista de patinaxe de xeo natural

Vimianzo. A casa da cultura de Vimianzo acolle este domingo, ás 17.30 horas, a gala solidaria organizada polo Concello vimiancés, Cruz Vermella e Cáritas.

O encontro, que será presentado polo xornalista Marcial Mouzo, contará con actuacións artísticas e sorteo de agasallos. Tanto a administración local como as organizacións involucradas agradecen a colaboración da veciñanza pola axuda prestada, empatía e comprensión, por tender unha man ás persoas máis favorecidas.

Os interesados en sumarse á causa poden doar alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene, que serán recollidos nas parroquias, centros de ensino e establecementos de alimentación. Tamén se pode colaborar economicamente con esta acción no número de conta ES51-2080-0082-4130-0007-3452 de Abanca. Para máis información, os interesados poden contactar nos teléfonos 981 717 136 (Cruz Vermella), 686 050 585 (Cáritas) ou 981 707 425 (Servizos Sociais).

A iniciativa está enmarcada dentro das actividades de Nadal promovidas polo Concello de Vimianzo, que esta fin de semana abriu as portas da única pista de patinaxe de xeo natural da Costa da Morte, situada na praza.

Nenos e maiores poden desfrutar xa dun dos grandes atractivos de lecer deste Nadal na Costa da Morte. A pista estará activa ata o próximo 8 de xaneiro en horario de 11.00 a 23.00 horas. As entradas poden reservarse na web vimianzo.gal ou descargando a App Saudeter Reservas. M. L.

18 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.