Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Gala solidaria en Vimianzo con Cáritas e Cruz Vermella

Vimianzo. O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella asinaron a colaboración para retomar a Gala Solidaria, tras dous anos de espera debido á pandemia.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a presidenta de Cruz Vermella, Rebeca Rodríguez e María Carmen Vázquez Canosa, directora adxunta de Cáritas, rubricaron o acordo mediante o cal se dá a coñecer que a Plataforma Solidaria de Vimianzo está a organizar este evento.

Tanto a Administración local como as organizacións involucradas agradecen a colaboración da veciñanza “pola axuda prestada, empatía e comprensión, por tender unha man ás persoas máis favorecidas e, en definitiva, por ser e formar parte tanto de Cruz Vermella como de Cáritas”. Así mesmo, instan á poboación local a ser partícipe para involucrarse en todo o proceso e organización.

As veciñas e veciños tamén poden realizar doazóns de alimentos a través das “caixas solidarias” a disposición nos supermercados, igrexas, centros educativos e sedes de Cáritas e Cruz Vermella. Outra vía é colaborar economicamente no número de conta ES51 2080 0082 4130 0007 3452 de Abanca. Para máis información, pódese contactar cos organizadores. M. L.

03 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.