Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Guadalupe Vázquez: “A miña avoa vive nos meus libros, é quen me inspira”

costa da morte. O salón de actos do Concello de Fisterra acollerá este venres, día 18 ás sete da tarde, no marco do Novembro Cultural, a presentación do conto bilingüe (galego-inglés) Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra!, da mestra e escritora ceense Guadalupe Vázquez.

“Faime moita ilusión presentar este libro precisamente en Fisterra”, asegura a autora, “xa que se algo supón este conto é un canto de amor á Terra, neste caso á fin da Terra, pero tamén, como non, ao lugar desde onde mellor se pode contemplar e admirar o cabo, que é desde o monte do Pindo ou desde alí onde vive Saltarín: a praia da Corna Becerra, en Quilmas”, engade.

Falando de Quilmas (Carnota), Guadalupe afirma que “alí vive un anaco do meu corazón e a miña inspiración para escribir, que é a miña avoa; ela vivía en Quilmas e agora está nas palabras, e agochada nos contos que escribo”.

Adianta que a presentación será amena, didáctica e, en definitiva, pensada para o público infantil. Este é o seu segundo conto, e os dous están pensados para que “os nenos e nenas aprendan a través do xogo e o movemento, o que lles permite canalizar altos niveis de enerxía de maneira positiva, traballando tamén as emocións”, conclúe. M. L.

15 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.