Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Habilitarán unha senda peonil en Berdoias

Reforzará a seguridade nun tramo que da acceso ao cemiterio parroquial // Será financiada pola Deputación da Coruña con cargo aos fondos do Plan Único

A Deputación da Coruña financia a creación dunha senda peonil en Berdoias (Vimianzo) con cargo ao Plan Único. A senda terá case medio quilómetro de longo, entre os puntos quilométricos 74,920 e 75,330. Os traballos contarán cun orzamento base de 72.814,68 euros e executaranse na marxe dereita da estrada AC-552. O prazo de presentación de ofertas remata o día 28 de xullo.

Esta infraestrutura é moi demandada, xa que é un espazo moi transitado, sobre todo pola veciñanza que se dirixe cara o cemiterio situado nas aforas do núcleo. A necesidade dun espazo reservado para o tránsito de peóns resulta máis evidente os días de afluencia masiva, como poden ser os días de enterro.

Por medio da intervención proposta preténdese mellorar a seguridade viaria e das persoas nesas cerimonias de alta concorrencia. A senda distinguirase por un cambio no pavimento, e por isto proponse formigón gris, atendendo ás demandas de Patrimonio, e terá un total de 1,80 metros de ancho, discorrendo paralela á calzada. A separación da senda coa estrada realizarase mediante unha cuneta de seguridade, de 1,20 metros de ancho.

Desde a Deputación sinalan que “con este proxecto daremos solución a unha demanda veciñal importantísima. Esta infraestrutura permitirá derivar o tráfico peonil da estrada á senda, algo que sobre todo os días de cerimonias fúnebres se agradecerá e garantirá a seguridade das veciñas e veciños de Vimianzo”.

15 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.