Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe en Camariñas ós voluntarios do ‘Prestige’ que limparon o chapapote

O Concello instalará unha lona no edificio da lonxa vella e dúas placas na Casa de Pedra

Camariñas. O Concello de Camariñas, con motivo do vinte aniversario da catástrofe do afundimento do petroleiro Prestige, que se conmemorará o próximo 13 de novembro, decidiu facer unha homenaxe aos centos de voluntarios e voluntarias que limparon o litoral e que se aloxaron no municipio.

Así, para recoñecer a súa figura e poñer en valor o espectacular traballo que levaron a cabo, o goberno local instalará unha lona xigante na fachada da Lonxa Vella na que se ilustra, a través dunha imaxe do fotógrafo José Manuel Casal, un dos momentos da limpeza da costa.

Ademais, tamén se colocarán dúas placas conmemorativas na Casa de Pedra, edificio que foi o fogar das persoas voluntarias durante eses días que loitaron co chapapote. Nelas recoñécese o seu labor e tamén se detalla a súa procedencia.

A protección do mar centra tamén o VI Encontro Internacional do Lixo Mariño que esta fin de semana xunta en Camelle (Camariñas) a crebeiros de varios países.

A xuntanza inaugurouse este venres cunha visita guiada ao Museo Man e cun ciclo de charlas no Centro de Actividades Ambientais de Mar de Fábula, coa participación de Xosé Manuel Barros; de membros do CEIDA; Simao Acciaoli, da Brigada do Mar; Óscar Vales, de We Sustainability; o escritor local Rafael Lema; e Ana Gutiérrez Dewar. A primeira xornada rematou coa perfomance To waste or no to waste de Susana Sanromán e o concerto de Braian de Palma. M. r. L.

15 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.