Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lembranzas do ‘Prestige’ en Camariñas e Muxía nesta fin de semana

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, virá á vila encaixeira o domingo para render homenaxe ós voluntarios

Camariñas. O Concello de Camariñas, con motivo do vinte aniversario da catástrofe do Prestige, celebrará este domingo, 13 de novembro, o acto Marea Branca 2002-2022, unha homenaxe aos centos de voluntarios e voluntarias que limparon o litoral e que se aloxaron no municipio.

O acto, que comezará ás 12.00 horas na Casa de Pedra, contará coa presenza da ministra de Política Territorial e Portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, ademais de representantes doutras institucións a nivel autonómico, provincial e local, do tecido asociativo e das entidades do municipio e de colectivos e persoas que no ano 2002 participaron de forma activa nas labores de limpeza do litoral.

A programación da xornada abrirase cunha mesa redonda con experiencias e relatos de persoas que viviron en primeira persoa o afundimento do Prestige.

Por su parte, el Centro Interuniversitario de Economía y Empresa (Ecobas), junto con la empresa de pesca artesanal Fresco y del Mar y otros colectivos, organizan este viernes en el Parador de Turismo de Muxía la jornada Prestige, 20 anos despois. Xuntarán en dúas mesas redondas a investigadores de distintas disciplinas, representantes dos actores sociais máis relevantes que interviron na catástrofe, de confrarías, servizos de Protección Civil e voluntarios.

Tamén se proxectará un vídeo de convidados que participarán a través de streaming, como Iñaki Gabilondo, Mercedes Milá ou Manolo Rivas, entre outros. M. L.

09 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.