Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luz verde en Muxía á reforma integral da depuradora do núcleo de Quintáns

A proposta só contou co apoio dos tres membros do goberno socialista // O resto dos concelleiros dos grupos da oposición abstivéronse

O equipo de goberno (PSOE) do Concello de Muxía deu, na sesión plenaria extraordinaria deste martes, luz verde cos seus únicos tres votos a favor ao proxecto da rehabilitación integral e posta a punto da depuradora de Quintáns. O resto dos grupos da corporación municipal abstivéronse nas súas votacións. Dita intervención contempla a substitución total das instalacións e conta cun orzamento de máis de 141.000 euros a cargo do POS Adicional 2022.

Ao remate do pleno, o alcalde Iago Toba quixo destacar “o compromiso que ten este equipo por levar a cabo e facer realidade demandas históricas da veciñanza. Escoitamos a diario o que nos piden os nosos veciños e veciñas e consideramos que este proxecto é importante e necesario que se leve a cabo no menor tempo posible. Por iso, hoxe este goberno volveu a votar a favor do progreso e do avance da calidade de vida dos habitantes de Muxía”.

05 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.