Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Marcos Mariño creará unha escultura do guerreiro Brandomil na parroquia zaense

O guerreiro Brandomil, do que fala Eduardo Pondal na súa obra Queixumes dos Pinos, será o protagonista da exhibición que fará o recoñecido escultor da madeira Marcos Mariño do 25 ao 29 de agosto na área recreativa da parroquia zaense de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Os interesados poderán contemplar en vivo e en directo a destreza de Marcos Mariño coa súa motoserra e que dará como resultado unha escultura en madeira de grandes dimensións do guerreiro Brandomil.

Mariño é un referente na talla de madeira con motoserra. Participou en varios certames internacionais e é embaixador da marca Husqvarna. Esta non será a primeira vez que o escultor visita o municipio xa que fixo máis exhibicións en pasadas edicións da Festa da Carballeira de Zas. Con esta actividade, o Concello pretende dar a coñecer a súa historia a través de actividades tan singulares coma esta e á que poden asistir todos os públicos.

20 ago 2021 / 19:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.