Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medalla ao Mérito da Policía Local para dous axentes de Muxía e Cee

José Manuel Blanco e Manuel García Leal salvaron a vida a unha moza e un matrimonio

Muxía. Os axentes José Manuel Blanco, de Muxía, e Manuel García Leal, de Cee, foron distinguidos coa Medalla ao Mérito da Policía Local que concede a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, por sendas intervencións en acto de servizo que permitiron salvar tres vidas.

O muxián Manuel Blanco rescatou o 28 de agosto de 2019 a unha pescadora que caera ao mar, xunto con dous compañeiros, na Punta da Buitra. Asegura que “todos os anos temos que rescatar a alguén nesa zona, e o ano pasado alomenos tivemos catro actuacións, xa que a xente non é consciente do perigo do mar nestes acantilados”.

Di que “nunca contas con este recoñecemento, que é a distinción máis alta que se fai á Policía, pero a todos os profesionais nos gusta que se valore o noso traballo e máis cando son servizos con risco incluso para a túa vida”.

Non obstante, Blanco Lema sinala que a súa actuación “é algo que calquer outro compañeiro, ou mesmo un particular, faría”.

O ceense Manuel García tamén valora moi positivamente que “se recoñeza o teu traballo, pois é tamén un estímulo para seguir mellorando”, afirma. No seu caso os feitos tiveron lugar en novembro de 2018 cando se declarou un incendio nunha vivenda na que residían un matrimonio. Eran dúas persoas maiores e, sen dubidalo, arriscou a súa vida pero conqueriu rescatar sans e salvos ao home e á muller, veciños de Cee. J. M. R.

20 nov 2020 / 18:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.