Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Michael Whittingham, nobel de Química, visitou Fisterra e o IES Fernando Blanco

O premio Nobel de Química no ano 2019, Michael Whittingham, visitou este venres o concello de Fisterra, onde foi recibido polo alcalde, José Marcote, e tamén o IES Fernando Blanco, de Cee. Veu acompañado polo catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira, coordinador do Programa ConCiencia.

No concello fisterrán asinou no Libro de Visitas, onde dexiou escrito que Fisterra é un “wonderfulplace”, lugar maravilloso para visitar e que estará eternamente agradecido pola oportunidade de ver a fin do vello continente, ao que espera volver coa súa familia.

No instituto ceense visitou as instalacións e compartiu uns momentos con profesorado e co alumnado que cursa Física e Química en 1º de Bacharelato, ademais de facer tamén unha dedicatoria á comunidade educativa no libro de sinaturas do IES Fernando Blanco.

Michael Whittingham, no centro, con profesores do IES Fernando Blanco, de Cee. Foto: IES F. B.

Michael Whittingham, á esquerda, con Chelo Trillo e o catedrático Jorge Mira. Foto: IES F. B.

Michael Whittingham co alcalde de Fisterra, José Marcote, que o agasallou cunha réplica do faro. Foto: Concello de Fisterra

19 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.