Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Música disco e concerto de El Sevilla no Entroido de Cee

O Concello de Cee celebrará o Entroido nesta fin de semana. A troula comezará este venres, día 4, cunha sesión musical á que animan a asistir disfrazados. A cita é na Praza do 8 de Marzo, de 21.30 a 2.30 horas, e de amenizar a velada encargarase a Disco Móvil CDC, segundo a alcaldesa, Margarita Lamela.

O sábado, día 5, os máis pequenos poderán desfrutar dunha gran festa con inchables, música, pintacaras e tattoos na Praza da Constitución, de 16.30 a 19.30 horas (no caso de que chova será no polideportivo). E o domingo chega un dos pratos fortes: o concerto La vida es rocanrol de El Sevilla y Los Mojinos. A actuación, dirixida a maiores de 12 anos, terá lugar no Auditorio Baldomero Cores, a partir das 12.00 horas. O prezo das entradas é de 12 euros.

04 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.