Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía acolle a presentación do proxecto artístico ‘A senda proscrita’

Trátase dunha iniciativa que asinan o pintor Alexandro e o escritor Alberto Caharrón

Muxía. Muxia acollerá o vindeiro venres 3 de febreiro a presentación exclusiva na Costa da Morte do proxecto A Senda Proscrita, que asinan o artista Alexandro e o escritor Alberto Cacharrón.

Trátase dunha colección de 43 acuarelas creadas polo pintor Alexandro inspiradas no texto que escribiu Alberto Cacharrón para inmortalizar as historias, lendas e tradicións da Costa da Morte e o impacto do Camiño que une Compostela co fin do mundo.

O libro combina arte, literatura, historia e lenda, pero tamén maxia e misterio. A Senda Proscrita describe por vez primeira e dun xeito directo un escuro capítulo da tradición xacobea que sempre foi considerado tabú pola Igrexa de Santiago.

A obra é unha publicación reinvindicativa da estirpe galaica, cun crisol de culturas como a romana, a celta, a sueva ou a árabe. O libro, en fin, trata de reinterpretar as mitoloxías e recrear libremente o Camiño da Costa, iniciando o relato no século V a.C. cos poboadores da Idade de Ferro, os seus clans e deuses, pasando polo suposto descubrimento da tumba do Apóstolo, no ano 813; ata rematar co comezo da peregrinaxe e as diferentes nomenclaturas dos camiños.

A inauguración da exposición e a presentación do libro están organizadas pola Asociación de amigos de Gervasio Sar en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Muxía, Teófilo Edicións e a empresa Alberte Ribeiro. O acto de inauguración terá lugar na Sala A Camposa ás sete da tarde. J. M. R.

29 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.