Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Muxía acolle o primeiro autocine da Costa da Morte

A vila da Barca acollerá o sábado o primeiro autocine da Costa da Morte, que permitirá ver dende o coche a película ‘Bohemian Rhapsody’ na zona portuaria a partir das 20.00 horas. Coa fin de preparar o dispositivo de seguridade, o alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, reuníronse coa Policía Local e Protección Civil. A actividade, segundo o goberno local “é cen por cen segura, xa que cada persoa acudirá co seu propio vehículo”. A previsión é que se cubran todas as prazas dispoñibles, “xa que desde o primeiro momento tivo moito éxito de convocatoria, con ducias de solicitudes desde que o anunciamos”, afirman. É, segundo o rexedor, unha aposta pola “cultura segura” para seguir sorteando con seguridade o contexto sociosanitario.

10 nov 2020 / 19:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.