Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Muxía implanta o servizo de recollida de plásticos agrícolas

É gratuíto e o obxectivo é minimizar o impacto medioambiental

O Concello de Muxía comezou este xoves a prestar o servizo de recollida de plásticos agrícolas, cuxa xestión depende directamente da Administración local. É totalmente de balde e execútase de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 horas. Só hai que chamar ao teléfono 981 74 20 01, indicando nome e apelidos, enderezo, teléfono e ubicación dos mesmos.

Unha vez ordenada a relación de solicitudes, organizarase para proceder trimestralmente á recollida do material. Tanto agricultores e gandeiros dobrarán e empacarán os plásticos da mellor maneira posible. Os plásticos deben ter a menor suciedade posible e evitarase que conteñan outras materias impropias que poidan dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso, a recollida será rexeitada.

O concelleiro de Medio Rural e Parroquias, Javier Romar, destaca que “a prestación deste novo servizo suporá un avance moi importante para minimizar o impacto medioambiental dos plásticos en todo o municipio.”

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.