Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Bloque reclama que non se peche o ISM de Corcubión

Corcubión. O BNG presentou escrito no Concello reclamando que se fagan todas as xestións necesarias para evitar o peche definitivo das oficinas do Instituto Social de la Marina (ISM) en Corcubión. Ademais vai presentar as iniciativas correspondentes ante o Parlamento galego e o Congreso co fin de “evitar o desmantelamento deste servizo público na Costa da Morte tan importante para a xente do mar”, afirman.

Lembran que fai un ano xa denunciaron o intento por parte do Goberno de pechar o ISM. Naquel momento pechous o servizo de sanidade marítima, que aínda está cun funcionamento temporal, e “agora dan un paso mais co peche da área administrativa, o que amosa a intención clara de seguir debilitando o servizo paulatinamento para tentar xustificar un peche definitivo”, engaden.

Entre os anos 2009 e 2012 o Goberno do Estado (do PSOE), afirman, levou a cabo o peche das oficinas do ISM en Muxía, Laxe e Fisterra, en prol da racionalización e eficacia dos recursos, tanto materiais como humanos, e segue agora o supostamente o goberno máis progresista da historia co desmantelamento deste servizo público amosando que para eles a racionalización e eficacia pasa polo peche do servizo”.

Dende o BNG denuncian tamén “a pasividade da Xunta do PP ante o desmantelamento dunha actividade tan imprescindibel en Galiza o que confirma estar moi cómoda coas políticas de recortes de servizos públicos e o silencio cómplice dos alcaldes do PSOE da Costa da Morte ante estos ataques aos mariñeiros”.

Lembran que a Costa da Morte é unha zona mariñeira cunha importante frota de baixura e marisqueo e, polo tanto, cun grande número de veciños e veciñas que dependen deste servizo para poder desenvolver a súa actividade no sector do mar. “A prestación dun servizo público non se pode basear exclusivamente en criterios economicistas para mantelo aberto, reclamamos pois o reforzamento das plantillas para ofrecer un servizo coa calidade que o sector demanda e merece”, conclúen.

02 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.