Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello de Muxía inicia o proceso de licitación da agardada escola infantil no edificio multiusos

Muxía. O Concello de Muxía comezou o pasado domingo 21 de novembro a licitación da nova escola infantil de Muxía. O proxecto conta cun orzamento de 120.000 euros e permitirá rehabilitar parte do edificio multiusos A Camposa para transformalo na mentada escola infantil, que pasará a formar parte da rede de centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Dese xeito, o Concello de Muxía porá a disposición do Consorcio o edificio multiusos e o financiamento para levar a cabo as obras de rehabilitación, mentres que o ente autonómico incorporará a escola á súa rede de centros e encargarase de dotala de persoal e equipamentos.

“Este novo espazo significará un antes e un despois xa que pasaremos de ter unhas instalacións cualificadas como das peores a poder desfrutar dun inmoble totalmente novo e espacioso”, explicou Iago Toba, o alcalde de Muxía.

A instalación disporá de dúas salas, baños adaptados, oficinas, unha zona de catering, espazos de lavandería, vestiarios para o persoal, unha zona exterior de xogos e descanso, e un espazo cuberto de xogo e actividades. JAVIER SALUTREGUI

23 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.