Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O goberno local de Muxía quere aprobar un ambicioso plan de obras dirixido ao rural

Muxía. O goberno local do Concello de Muxía levará ao pleno do próximo xoves un importante plan de obras de cara a mellorar a rede viaria e de abastecemento de auga do rural. O proxecto, denominado Máis rural, alcanza un total de 1.336.594 millóns de euros.

Este plan recolle un amplo abano de intervencións en importantes estradas así como camiños e vías tanto dos propios núcleos como entre parroquias, ademais de modificacións infraestruturais para evitar inundacións en certos lugares.

A actuación con máis peso é a que implica o arranxo da estrada que pasa por O Lago e Leis ata o seu límite co municipio de Vimianzo. Esta intervención conta cun orzamento de 328.894,15 euros, sendo cofinanciada pola Deputación da Coruña a través dunha subvención de 160.000 euros.

O rexedor de Muxía, o socialista Iago Toba, califica este plan como “histórico” e sinala que está pensado para “mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas do rural muxián, sobre todo daquelas persoas que habitan nos núcleos máis pequenos e que precisan de mellores infraestruturas”. m.b.

07 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.