Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Observación dos astros dende o dolmen zaense da Arca da Piosa

Zas. Como vén sendo habitual no verán, o Concello de Zas organiza unha observación astronómica dirixida a toda a familia e que se inclúe no programa de actividades municipal. A cita é este venres, 26 de agosto, e o lugar elixido é o dolmen da Arca da Piosa, lugar no que Eduardo Pondal situou a tumba do guerreiro Brandomil. O punto de encontro é Santa Sía de Roma ás 22.00 horas.

Dende alí haberá que camiñar uns dous quilómetros ata chegar ao dolmen desde onde o catedrático baiés Jorge Mira guiará a observación astronómica dando todo tipo de detalles.

Para participar é necesario inscribirse previamente chamando aos teléfonos 981 71 80 56 / 981 75 13 98 ou tamén a través do formulario: https://bit.ly/ObservacionZas.

Recoméndase aos asistentes que leven un calzado axeitado, roupa de abrigo, lanterna e unha esteira para poder gozar plenamente do roteiro e da observación nocturna do ceo. M. L.

24 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.