Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Once empresas locais acometerán un plan de obras do Concello de Muxía

As actuacións centraranse na mellora de estradas e saneamentos, principalmente no medio rural // O investimento total acadará os 450.000 euros

O equipo de goberno de Muxía mantivo unha xuntanza cos representantes das empresas de construción locais para executar un plan de obras por valor de 450.000 euros. Un total de 11 constructoras afincadas no municipio levarán a cabo os traballos de doce actuacións en diferentes puntos do concello.

As obras a realizar enfócanse principalmente en melloras de estradas e ampliacións de saneamentos, maiormente no rural. Así, están previstas a ampliación do saneamento de Labexo; a mellora das estradas de Suxo-Garante, de Risamonde, Xanzón, Castelos - A O, de San Martín-Merexo, Senande, Trasufre, As Fraguas, Añobres-Os Muíños e Vilamaior; a ampliación dos saneamentos de Chorente e Ozón; e o bombeo e acondicionamento da rúa A Pedriña e a mellora do campo de fútbol da Arliña.

Tras o encontro cos empresarios locais, o alcalde, Iago Toba, puxo en valor que “estamos traballando e buscando todas as vías posibles para potenciar a economía local e reactivar os diferentes sectores e motores económicos da nosa vila. Distribuiranse 450.000 euros entre xente de aquí, da nosa vila, que pisa as nosas estradas e que coñece de primeira man as necesidades e o sentir de Muxía”.

O concelleiro de Obras, Javier Romar, expuxo que “con este ambicioso plan de obras estamos cumprindo unha das promesas deste goberno como é a de mellorar a calidade de vida das persoas do noso rural”.

22 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.