Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os socialistas de Muxía volveron a xuntarse en Ponteconstante

O PSOE de Muxía recuperou, tras varios anos sen celebrase, a tradicional e histórica churrascada dos socialistas en Ponteconstante. Asistiron preto de 300 persoas, rompendo así todas as previsións de asistencia coas que contaba a organización, que puideron gozar dun menú preparado para a ocasión: empanada, churrasco, chorizo e pan, ademais de refrescos, viños, licores e café.

Unha das sorpresas que o partido socialista muxiá lle tiña reservado ao alcalde e aos seus compañeiros foi a visita do secretario xeral do PSdeG, Valentín González, e do secretario provincial, Bernardo Fernández. Ademais, estiveron presentes outros alcaldes e alcaldesas de municipios da comarca como Cee, Camariñas, Ponteceso, Vimianzo ou Carnota, que destacaron durante as súas intervencións o traballo de Toba e do seu equipo, recoñecendo que “a pesar das dificultades engadidas, están ao pé do canón”.

Pola súa parte, Iago Toba, comezou a súa intervención cunha frase contundente: “roubáronnos a maioría absoluta pero non foron quen de quitarnos o cariño da xente”, en clara referencia á asistencia masiva de veciños, veciñas, amigos e amigas á comida recuperada pola actual dirección despois de moitas edicións sen celebrarse. “Un éxito rotundo que simboliza unha sinal de apoio a nós e á nosa xestión”, afirmou.

28 jun 2022 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.