Outorgan o distintivo Centro Azul ao faro de cabo Vilán de Camariñas
Reabrirá as súas portas este venres, día 13 // O selo é un recoñecemento ao labor da Asociación de Empresarios e Promoción Turística na xestión e atención aos visitantes
![Faro de cabo Vilán, en Camariñás, un dos símbolos da Costa da Morte. Foto: J. M. R. Faro de cabo Vilán, en Camariñás, un dos símbolos da Costa da Morte. Foto: J. M. R.](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x506/0c1/900d506/none/102922340/SNYJ/faro-vilan_422-5439862_20220511225303.jpg)
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas reabrirá este venres, día 13 de maio, as portas do faro de cabo Vilán, que ademais este ano lucirá o distintivo de Centro Azul de xestión de visitantes, un recoñecemento ao bo labor que vén desenvolvendo o colectivo empresarial dende hai unha década.
“Gracias ao noso traballo e a axuda que recibimos dende o ano 2018 da Deputación da Coruña, os visitantes que se acheguen a Camariñas e ao cabo Vilán poderán seguir desfrutando deste edificio tan emblemático e único da Costa da Morte”, afirmou Olga Campos, presidenta da asociación, quen ademais amosou a súa satisfacción persoal e de todo o colectivo pola obtención do selo Centro Azul “porque é o froito dun traballo de moito tempo e a proba de que cando se traballa se poden obter bos resultados”.