Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Plan de mellora da vía de acceso á igrexa vimiancesa de Santiago de Cereixo

Terra de Soneira. O Concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña colaborarán para executar a pavimentación no Porto de Cereixo, uns traballos que contarán cun orzamento de 55.881,94 euros. O ente provincial achegará o 80 % dos fondos (44.705,55 euros), e a administración local o 20 % restante (11.176,39 euros). As intevencións terán lugar no camiño que vai dende a estrada CP-1603 ata a igrexa de Santiago, no lugar de Porto de Cereixo. Actuarase nunha superficie de ó redor de 1.200 metros cadrados.

Contémplase un firme sobre zahorra de formigón armado con acabado lavado, con remates perimetrais de adoquín para salvar as discontinuidades coas vivendas e peches de parcela, e a formación da canle nunha das marxes. Neste proxecto o total do ancho do camiño constitúe unha plataforma única de uso preferentemente peonil, diferenciándose dúas zonas no pavimento, formigón e adoquín, sen cambios de altura en sección co obxectivo de ordenar e darlle coherencia co resto de actuacións plantexadas na contorna do BIC, as Torres de Cereixo. A circulación de vehículos por esta plataforma única será ocasional e unicamente co obxectivo de dar acceso ás vivendas anexas e á propia igrexa e o cemiterio.

O prazo previsto para a execución dos traballos é de tres meses, segundo informa o Concello vimiancés. M. L.

31 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.