Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

PP e BNG non respaldan a proposta de Caneliñas

CEE. Os grupos municipais de PP e BNG demandan a alcaldesa, Margarita Lamela (PSOE), que convoque á oposición para avaliar as actuacións previstas no entorno de Caneliñas acordadas polo goberno local e a Demarcación de Costas. Os populares pediron, por escrito, a convocatoria da Comisión de Urbanismo, e din que non están dispostos “a poñer fin á historia de Caneliñas, nin perxudicar aos veciños que seguen empregando a rampla para subir os seus barcos”. Acusan á rexedora de “destruir o entorno, en vez de limpar e conservar”. Dende o BNG tamén consideran “innecesarias e perxudiciais” algunhas das actuacións contempladas, e pídenlle ao executivo de Lamela que lle dé a oportunidade á oposición de “aportar ideas para esas melloras, como a iluminación do peirao, o reforzo do formigonado ou obrigar ao propietario da antiga baleeira a manter a finca en estado óptimo”. Opóñense tamén á desaparición da rampla.

A alcaldesa asegura que Costas aínda está realizando os estudos e solicitando os informes precisos para acometer labores de mantemento e de protección do medio ambiente na zona. Respecto á rampla e ao muro de pedra aos que fan referencia dende a oposición, sinala que se trata de elementos “que non están protexidos por Patrimonio” e que se atopan en zona de domino público. M. R. L.

06 oct 2020 / 19:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.