Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preguntan no Parlamento pola situación do informe ambiental do Camiño dos Faros

Os socialistas piden á Xunta que explique os motivos da demora do informe ambiental

Costa da Morte. O parlamentario socialista Martín Seco presentará na Comisión de Industria, Comercio e Turismo do Parlamento, que se celebra este mércores, unha pregunta oral para reclamarlle á Xunta que dea conta dos motivos para retrasar a emisión do informe ambiental e as actuacións previstas para evitar a desaparición ou a perda do valor orixinal do Camiño dos Faros.

Dende o PSOE entenden que este itinerario, que une pola costa ao longo de 200 quilómetros Malpica de Bergantiños e Fisterra, “necesita a homologación como Ruta Gran Recorrido GR para o seu funcionamento”.

Sen esa homologación, engade Seco, “non pode existir xestión, nin protocolo de limpeza, nin sinalización, nin seguridade, nin control medioambiental, e debe existir un único sendeiro ben sinalizado para protexer o entorno e poñer en valor a Rede Natura”. Lembra que asociación impulsora do Camiño dos Faros “conta co apoio decidido dos 9 concellos polos que transcorre a ruta”.

Asemade, sinala que a Deputación da Coruña amosou o seu apoio para financiar o proxecto de homologación pero, agora, “atópanse nun camiño sen saída por non chegar a dito fin”.

A este respecto, aseguran dende o PSOE que a asociación leva “máis de 17 meses esperando por un informe ambiental da Consellería de Medio Ambiente", e preguntarán no Parlamento “cal é o motivo do retraso” e cales son as actuación que vai levar a cabo a Xunta de Galicia.

Pola súa banda, a Asociación Camiño dos Faros iniciou unha nova campaña para captar socios para o ano 2021. Os interesados deben cumplimentar un formulario dispoñible no enderezo http://www.caminodosfaros.com/hazte-socio/ e aboar unha cuota de10 euros na conta ES84 2080 0061 5630 4071 5979.

01 dic 2020 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.