Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premios ‘Enfoques do Allo’

O Concello de Zas fará entrega o día 28 de novembre dos premios do IV Concurso de Fotografía “Enfoques do Allo”, no que participaron un total de 454 imaxes realizadas no propio pazo ou na súa contorna. O gañador foi Juan C. López (145 votos), seguido de Miguel Castro (111), Marta Lage (78), Juan J. Devesa (52), Juan D. Álvarez (44), Laura Gómez (37), Alfredo Andrés (32), Ángeles Castro (31), Manuel S. Estévez (23) e Cristina López (19). O alcalde de Zas, Manuel Muíño, fará entrega dos premios aos autores das cinco fotografías máis votadas o sábado ás 12.30 horas nas Torres do Allo. Os galardóns consisten en premios en metálico de 100, 75 e 50 euros para as tres primeiras e vales para imprimir 30 e 15 fotos respectivamente, para as dúas seguintes.

22 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.