Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preocupa en Muxía un brote de covid-19 no CEIP Virxe da Barca

Hai, alomenos, cinco casos confirmados, unha mestra e catro alumnos da súa aula

Muxía. O Concello de Muxía vivía unha situación de relativa tranquilidade respecto á covid-19, pero nos últimos días xurdiu a preocupación ao coñecerse un brote no CEIP Virxe da Barca, no que, segundo o alcalde, Iago Toba, temos confirmados, alomenos, cinco casos, unha mestra e catro dos seus alumnos”.

Un número que, todo apunta, a que será maior cando se confirmen os resultados das probas que se están a facer porque, segundo outras fontes, é posible que haxa familiares dos escolares que tamén estén afectados.

Non obstante, o rexedor di que a xefa territorial de Educación e as autoridades sanitarias son coñecedoras da situación, “e aseguranme que non son cifras que leven a unha alerta, e que estamos nunha situación non preocupante, pero que require extremar a prudencia”. Por iso pide que, ante calquera dúbida, que se chame aos servizos sanitarios, e fai un chamamento a “manter a calma” apelando á “tranquilidade e á serenidade”. No Concello hai agora 13 casos activos. M. RAMOS

21 nov 2020 / 18:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.