Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentan en Cee o libro ‘85 Anos dunha traxedia. Os fusilamentos da Fábrica de Brens’

O BNG de Cee organiza este xoves, día 9, a partir das 20.30 horas, a presentación do libro 85 Anos dunha traxedia. Os fusilamentos da fábrica de Brens, de Manuel Monge González. A cita é no RockCorner Bar.

Lembran que o 9 de decembro de 1936, ás sete da mañá, o franquismo fusilou en Punta Herminia (A Coruña) os operarios da Fábrica de Brens e veciños de Cee ou da bisbarra Florentino Canosa Barreiro, Norberto Recamán, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Perfecto Transmonte Costa, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira e Domingo López Domínguez. “É hora de resarcir a memoria dos que deron a vida polo pobo, pois son verdadeiros mártires da liberdade”, afirman.

09 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.