Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentan un documental do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil

Corcubión. O mércores, 30 de xuño ás 19:00 horas terá lugar a presentación e proxección do novo documental da Fundación Brandomil no Museo do Pobo Galego. Baixo o título Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía por Brandomil e a dirección de Manuel Rial, o documental pretende poñer en valor, a través das diversas testemuñas que participaron nel, o Camiño de Santiago a Muxía pasando por Brandomil “e darlle a difusión e visibilidade que merece”, afirman. Os alcaldes polos que pasa a ruta, párrocos, historiadores, arqueólogos... son os principais protagonistas.

A fundación vén de presentar na Delegación de Peregrinacións do Cabildo da S.A.M.I. Catedral de Santiago a documentación histórica e actual sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Santiago por Brandomil, ó cal, cumprindo coas condicións doutras rutas de peregrinación, foiselle concedida a posibilidade de recibir a Compostela a quen decida facer este camiño.

Ao acto de presentación asistirá o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que estará acompañado do presidente da fundación, o director do Museo do Pobo Galego e o director do documental. Unha vez presentado, o documental estará dispoñible na páxina web da fundación para todas aquelas persoas que desexen visionalo.

28 jun 2021 / 17:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.