Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Promoción do Camiño de Santiago e da ruta a Fisterra e Muxía en Alemaña

Turismo de Galicia, Turespaña, o Clúster e a Asociación Solpor están a participar nun encontro e workshops con axencias e turoperadores en Frankfurt e Hamburgo

Turismo de Galicia, xunto con Turespaña, o Clúster de Turismo de Galicia e a Asociación Solpor, están a promocionar o Camiño de Santiago e a súa prolongación a Fisterra e Muxía en Alemaña a través de diversos whorkshopos coas principais axencias emisoras.

O vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, asegura que Alemaña “é un país clave para o Camiño de Santiago xa que, despois de Italia, é o segundo lugar de orixe dos peregrinos extranxeiros que percorren as distintas rutas xacobeas”. Convidou aos turoperadores cos que mantiveron xuntanzas a coñecer a nosa Comunidade porque “viaxar a Galicia é garantía de construír novos recordos, porque o Camiño de Santiago é rico en recursos naturais, patrimoniais e culturais, e a nosa terra tamén ofrece rutas do viño, deportes náuticos e excelente gastronomía. Unha ampla e variada oferta que se pode desfrutr de mil maneiras distintas cunha excelente relación calidade-prezo”.

Destacou ademais que a prensa especializada en turismo do país xermano amosou “un gran interese polos proxectos rehabilitación dos faros”, como os levados a cabo en Fisterra ou Lariño (Carnota), entre outros.

Ata terras xermanas viaxou tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen resaltou as bondades e os atractivos do itinerario xacobeo de Santiago a Fisterra e Muxía, e tamén á Costa da Morte, como un dos xeodestinos turísticos de referencia. Estiveron acompañados polo cónsul de España en Frankfurt, o director do Instituto Cervantes e o director da Oficina de Turismo de Frankfurt.

23 jun 2022 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.