Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reactivan Eu son Camariñas co escritor Víctor Fernández Alves

A iniciativa pretende dar a coñecer o labor dos persoeiros locais máis senlleiros

Camariñas. O Concello reactiva o programa Eu Son Camariñas, un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.

Despois de dous anos desde a súa estrea, e a pesares de non poder continuarse no 2020 por mor da pandemia, a nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

O encargado de inaugurar esta nova sección da campaña é o escritor Víctor Fernández Alves, do barrio do Campo en Camariñas, de nai xaviñana e pai de Santa Comba, que creceu na mítica Rúa do Bico. Alí dou as súas primeiras patadas ao que foi unha das súas paixóns, o fútbol, aínda que pronto sería substituído pola súa verdadeira vocación: a literatura. Neste primeiro capítulo da serie de entrevistas Víctor preséntase como o condutor deste espacio audiovisual onde se amosarán a eses veciños do concello máis aplicados.

Un dos propósitos orixinais do proxecto consistía en dar visibilidade aos camariñáns que lograron notoriedade ao longo da historia, tanto dende a vila como na diáspora. Ademais pretendía crear un escaparate dende o cal se reflexe o traballo da xuventude estudosa, traballadora e emprendedora do Concello de Camariñas. Crear unha ventá que amose ao mundo todas as virtudes desas artesás, deportistas, escritores, mariños, empresarios... pequenas historias das nosas xentes que deu e seguirá dando este concello cheo de talento.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explicou que “a nova etapa deste proxecto tamén pretende inculcar un chisco de esperanza a todos os nosos veciños e a toda esta xeración que está a formarse dentro das escolas de todo o concello”.

03 mar 2021 / 18:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.