Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recadados máis de 1.500 euros na gala solidaria con Ucraína celebrada en Vimianzo

Vimianzo conseguiu 1.585 euros tras facerse efectivo o reconto da recadación da Gala Solidaria por Ucraína. Tivo lugar na Casa da Cultura o pasado 1 de abril e puxéronse á disposición da veciñanza tíckets para acceder o recinto por valor de 5 euros, así como a opción da billeteira e a Fila 0, que estivo aberta ata o martes. A cantidade recadada destinarase á Coordinadora Española de Organizacións para o Desenvolvemento.

Déronse cita a Escola Municipal de Música Tradicional e Moderna, o Coro Municipal, Irma Macías e Xaquín Rama, Jaime Lema, Suso Andrea, o dúo José e Pepe, a banda de gaitas da AC Trubisquiña, a banda de gaitas O Revoltixo deCarantoña, a charanga Pasarela Big Band, os Bastardos de Rivera e Teima.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quere agradecer, máis aló da cantidade, “o compromiso de parte do noso tecido cultural, neste caso do ámbito musical, para con esta causa”, engadindo que “Vimianzo volve a ser exemplo de compromiso ante un contexto tan adverso como o é o dunha guerra”.

14 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.