Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reforzo da seguridade na estrada que enlaza Vimianzo con Muxía

Vimianzo. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, asinaron este mércores o convenio de cooperación para financiar as obras de mellora da estrada DP-1603, que une o municipio soneirán co Concello de Muxía.

Os traballos contan cun orzamento de 143.461,15 euros, dos que a Deputación achega o 80%. A estrada conecta os municipios de Vimianzo e Muxía e constitúe unha das vías municipais de máis circulación durante todo o ano, pero especialmente no período estival, xa que é unha zona de grande interese turístico e de ocio, ao discorrer por enclaves turísticos culturais, patrimoniais e naturais de ambos concellos, entre os que destacan Bens de Interese Cultural coma as Torres de Cereixo, o muíño de mareas ou o paseo desta parroquia.

Os traballos consistirán na mellora da capa de rodaxe e da seguridade viaria, e para elo contémplanse actuacións como a limpeza de cunetas, o estendido dunha capa de 6 centímetros de aglomerado en quente a toda a vía, a instalación de cunetas e barreiras de seguridade, pintado das liñas de bordo e isletas e a instalación dun sinal de stop.

Valentín González Formoso sinala que “este acordo é unha proba máis do compromiso da Deputación cos concellos da provincia, pero tamén coa veciñanza daqueles espazos nos que melloramos infraestruturas, neste caso concreto moi importante porque se trata da seguridade viaria”.

Pola súa banda, Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, agradeceulle “á Deputación e ao seu presidente, Valentín González Formoso, non só a colaboración, senón tamén o interese diario polas nosas parroquias, por mellorar conexións entre municipios e por optimizar as condicións de seguridade tanto peonil coma dos vehículos”, concluíu.

14 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.