Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rematada a mellora do firme da vía de Reparada e Castromil, en Vimianzo

O Concello de Vimianzo rematou os traballos de remodelación do firme da vía que une Reparada e Castromil, na parroquia de Salto. Actuouse nun total de 520 metros de lonxitude e 3,50 metros de ancho, e contou cun orzamento de 32.123,62 euros. Empregouse aglomerado en quente dun espesor de 6 centímetros.

Para isto, reparáronse previamente os baches e perfiláronse as mordentes con grava e un tratamento asfáltico semiprofundo. Limpáronse as gabias e salvagabias coa recuperación da súa sección hidráulica, permitindo a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal do camiño, a correspondente sinalización horizontal, a colocación dun sinal de Stop e a instalación dunha barreira de seguridade.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, constata que “estas intervencións eran moi demandadas pola veciñanza tanto de Reparada, de Castromil e da contorna da parroquia de Salto. Continuaremos os vindeiros meses executando traballos que melloren as conexións interparroquiais e optimicen os servizos no noso rural, das 14 parroquias que nos conforman”, comentaba.

25 nov 2022 / 18:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.