Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rematan os traballos de mellora en varios puntos da rede viaria de Zas

terra de Soneira. O Concello de Zas vén de renovar o firme en varias vías do municipio con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2019. Os traballos desenvolvéronse nas parroquias de Lamas e Vilar, concretamente nas estradas que comunican os lugares de Gomarís e Artón e Andregalla e Penedo. En ambos casos presentaban “un estado deficiente debido ao uso común delas e ás condicións climatolóxicas”, afirman dende o Concello. As obras consistiron na limpeza previa do pavimento existente e na posterior renovación do firme cunha capa de doble rego asfáltico. Os traballos foron executados pola empresa Construcciones Ponciano Nieto S. L., e están enmarcados no plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Concello zaense. O investimento foi de 67.869,06 euros. J. M. R.

16 oct 2020 / 18:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.