Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renovación de vías e servizos nos núcleos vimianceses de Carballa e Subeiro

Vimianzo. O Concello vimiancés finalizou as intervencións de melloras infraestruturais en Subeiro e na Carballa, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña. Contaron cun orzamento de 195.324,05 euros.

Os traballos consistiron tanto na mellora da estrada que conecta ambos núcleos como na canalización do saneamento e a repavimentación na Carballa, en aglomerado. Renovouse o firme da plataforma ao longo de 1.050 metros e executouse unha cuneta en formigón e tres treitos de gabia revestida de seguridade nos interiores das curvas, co obxectivo de garantir unha maior seguridade a aquelas persoas que se despracen pola vía.

Tamén se dispuxeron tres badéns de formigón na intersección de camiños non pavimentados e limpáronse as cunetas para garantir un correcto funcionamento do sistema de drenaxe.

Por outra parte, repavimentouse a rúa principal do núcleo. Para iso, demoleuse o pavimento existente, pavimentouse con formigón impreso e executouse unha rede de recollida de pluviais e unha preinstalación de recollida de augas residuais, cun orzamento de 101.177,69 euros.

Desde o goberno local achegan que “esta é unha das intervencións que proxectamos para o noso rural, cunha ampla demanda e ás que iremos dando cumprimento, xa que Vimianzo componse de 14 parroquias e un total de 133 núcleos”, aseguran.

21 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.