Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renovación do pavimento e as canalizacións no núcleo vimiancés de Novelle

O Concello de Vimianzo xa rematou os traballos de renovación interior no núcleo de Novelle. Entre as intervencións atópase a nova pavimentación do núcleo, o perfilado de cunetas, a colocación dunha rígola no centro ou a modificación de recrecidos das tapas de rexistro dos pozos, sumidoiros e arquetas.

Ademais, instaláronse colectores de PVC enterrados e modificáronse os recrecidos das tapas de rexistro de pozos. Instalouse tamén unha rede de sumidoiros, contando coa recollida de pluviais e unha preinstalación das augas residuais.

O tenente de alcalde, Víctor Muíño, anunciou que “estes traballos rubrican a nosa preocupación por todos os espazos de Vimianzo. Eran unhas obras tremendamente demandadas pola súa veciñanza e impulsámolas porque, tras as análises previas, vimos que eran moi necesarias, como o son noutros moitos puntos do termo municipal, por iso a intención deste goberno local é chegar ás 14 parroquias e aos 133 núcleos”.

17 abr 2021 / 20:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.