Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reparto de xogos didácticos a prol da igualdade en Cee

Foron entregados a escolares xunto con máscaras da campaña ‘En negro’

A Concellería de Presidencia, Benestar Social, Emprego e Igualdade de Cee, en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (CIM), repartiu onte aos escolares uns xogos didácticos dos Bolechas titulados ‘Cee en igualdade’, centrados en valores fundamentais como o respecto, a convivencia e a igualdade, e tamén na historia do concello ceense.

A entrega tivo lugar este venres no salón de plenos, nun acto presidido pola alcaldesa, Margarita Lamela. Asistiron escolares do CEIP Eugenio López, CPR Manuela Rial, IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e unitarias de Brens e Pereiriña. Próximamente repartiranse tamén entre os membros das asociacións Aspadex e Apem.

Asemade, os estudantes levaron máscaras da campaña ‘En Negro contra as Violencias”, que tamén se están distribuindo nos comercios de Cee. Sinalar igualmente que o Concello ceense está adherido a outras iniciativas promovidas pola Deputación da Coruña e á campaña de sensibilización de Agader Costa da Morte, que ten como lema ‘Na Costa da Morte rompemos o silencio’.

O vindeiro día 25 publicarán nas redes sociais municipais o vídeo co acto de lectura dun manifesto, dado que a pandemia da Covid-19 impide este ano celebrar encontros de forma presencial.

20 nov 2020 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.