Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Respaldo autonómico ó Ano Xubilar da Virxe da Xunqueira de Cee

Cee. A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, acompañada polo técnico de Cultura, Víctor Castiñeira, e Iván Pérez, en representación da Parroquia Santa María da Xunqueira, mantiveron unha reunión co vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para recabar o apoio da Administración autonómica aos actos programados con motivo do Ano Xubilar da Xunqueira, que comezará o 1 de maio de 2022 e rematará coa coroación da Virxe o 1 de maio de 2023. Unha celebración que coincidirá durante oito meses co Ano Xacobeo.

Dende o Concello agradecen “o seu compromiso e colaboración, para que entre as diferentes administracións poidamos traballar de forma conxunta para converter Cee nun espazo de peregrinación mariana con multitude de eventos ao longo de todo o Ano Xubilar”. O pasado día 24 xa se reuniran co director do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa. M. L.

03 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.