Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Restauran os cruceiros vimianceses de Casas Novas e Tufións

Están catalogados como Ben de Interese Cultural e teñen os dous máis de cen anos

Vimianzo. No marco do plan de recuperación patrimonial, o Concello de Vimianzo está a restaurar os cruceiros de Casas Novas e Tufións, catalogados como Ben de Interese Cultural e cunha antigüidade de máis de 100 anos.

Previamente á reconstrución, acudirase ao laboratorio para precisar analíticamente que traballos teñen que ser realizados, e serán colocados na ubicación orixinal.

O arqueólogo Tito Concheiro é o responsable dos traballos, xunto con Candela Alvarellos, de Terra Arqueos. “Os cruceiros son un dos elementos do patrimonio cultural que definen Galicia”, afirma Concheiro, aínda que “non están deseñados para as vías de comunicación modernas, nin para o tráfico pesado que hai hoxe en día”, polo que, como sucedeu con estes dous, están expostos ao risco de ser derrubados.

Concheiro agradece ao Concello de Vimianzo “que nos seus proxectos haxa moita implicación co noso patrimonio, que é de todos”. M. L.

21 nov 2020 / 18:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.