Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Revolución no sector do transporte da man de mozos camariñáns

Fran Pais, xunto co seu irmá Mario, é o artífice da exitosa aplicación móbil Breiko Breiko

Na capital dos encaixes seguen a dar visibilidade aos seus veciños e veciñas que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social a través do proxecto Eu Son Camariñas, que na súa quinta entrega ten como protagonista a Fran Pais Fondo, un enxeñeiro informático e Chief Technology Officer (CTO) da aplicación móbil Breiko Breiko, que está a revolucionar o sector dos transportes.

Unha innovadora iniciativa que Fran, xunto co seu irmá Mario e David Fernández, outro mozo de Fene, desenvolveron no Coworking Carballo e que é xa unha das máis descargadas e utilizadas polos profesionais do sector do transporte por estrada.

A través deste sistema, os usuarios poden situar unha pregunta no mapa para que o resto da comunidade responda. Deste xeito, quenes utilizan esta aplicación poden obter informacións sobre como chegar ou saír dalgún lugar, sortear problemas, aforrar tempo e combustible grazas ás recomendacións do resto de usuarios. Asemade, Breiko Breiko ofrece toda a información de incidencias da rede de estradas cunha actualización constante.

Desde a súa creación, hai menos dun ano, esta app para móbiles está a bater récords de usuarios e expansión empresarial. Tal está sendo o seu éxito que xa estivo presente no Mobile World Congress, celebrado en Barcelona, un dos eventos sobre tecnoloxía mobil máis importante a nivel mundial.

Unha participación que serviu aos seus impulsores para establecer contactos con corporacións internacionais e dar a coñecer o seu proxecto a novos inversores coa finalidade de procurar financiamento máis alá das nosas fronteiras.

O pasado mes de xaneiro a aplicación bateu todos os récords ao converterse, en apenas un mes, ser número un de descargas en Google Play, coincidindo coa gran nevada rexistrada en España. Supera xa as dez mil descargas, e espertou o interese de varias multinacionais especializadas en sistemas de navegación e grandes empresas do do transporte e a loxística.

Agora, o Concello de Camariñas, de onde son naturais Fran e Mario, quere recoñecer e difundir o importante labor que están a facer estes veciños da Ponte do Porto. Fano a través dun vídeo cunha entrevista a Fran, do escritor camariñán Víctor Fernández Alves, a cal se pode ver a través da web www.eusoncamarinas.es.

Nela Fran explica como lles xurdeu a idea de desenvolver este proxecto. Curiosamente esta innovadora app naceu das necesidades postas sobre a mesa nas xuntanzas familiares na súa casa, xa que seu pai e seu irmá Mario rexentan unha empresa de transportes de autobús.

Cando tiñan que planificar unha viaxe atopábanse con dificultades para obter información sobre onde poder aparcar, servizos que precisaban e outras necesidades. Foi así, como sumando a experiencia no sector da súa familia, os coñecementos informáticos de Fran, e a formación en marketing do seu socio David, déronlle forma dende o Coworking Carballo a unha aplicación “sinxela, útil e fácil de usar”, asegura, e que dá resposta ás principais demandas dos profesionais do transporte.

12 jul 2021 / 19:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.