Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rexeitan o parque eólico de Sembra

O BNG de Cee, Dumbría e Fisterra rexeita o parque eólico de Sembra, “polo seu impacto crítico ao final do Camiño de Santiago e danar a paisaxe do saínte xeográfico da península de Fisterra”. Presentaron un documento de rexeitamento e mocións para adoitar un acordo plenario contra este parque e solicitar “unha moratoria eólica para todos os proxectos da Xunta e ministeriais, ata que non se aprobe unha nova planificación eólica racional, equilibrada e respectuosa co territorio, o ambiente, e actividades económicas que teñen lugar nestas áreas”. Esta petición, afirman, solápase coa tramitación doutro parque eólico, o de Outeiro, incluído nunha Área de Desenvolvemento Eólico e dentro da poligonal de outros tres que tramita a Xunta. “Denunciamos que a capacidade da Costa da Morte para albergar máis parques eólicos atoparíase desbordada, e nun entorno de 15 km respecto das instalacións previstas existen un total de 27 parques eólicos cun total de 339 aeroxeneradores, con 11 liñas de alta tensión que suman 112 km.”, sinalan.

Consideran ademais que este parque “é un auténtico despropósito”, e alertan ao Ministerio que a súa construción tería un impacto paisaxístico crítico sobre o Camiño. “Unha das alternativas causaría unha afección moi grave ao seu paso polo Cruceiro da Armada (Cee), esnaquizando literalmente o entorno máis inmediato do Camiño Real polo que transcorre dende fai séculos a vía xacobea, así como 25 xacementos arqueolóxicos”, engaden.

Califican de “inaudito” que a eólica tente ocupar os altos que circundan a fin do Camiño no Concello en Fisterra, un municipio que ata estes momentos mantén os seus cumes libres deste tipo de instalacións, co que vén preservando a singularidade paisaxística da península de Fisterra e o seu cabo, “un referente xeográfico e turístico quen ninguén dubidada da súa universalidade”. O estudo, subliñan, “obvia tamén a existencia do heliporto de Ruibo, e non presenta estudo de servidumes aeronáuticas, e podería supor o desmantelamento definitivo desta base que tivo un custe millonario e foi pechada ao pouco da súa apertura”.

01 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.