Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rodrigo Costoya súmase ao comité de sabios de Bela Fisterra e Bela Muxía

Rodrigo Costoya, o escritor compostelá, vén de sumarse ao comité de sabios de Bela Fisterra e Bela Muxía, logo de tomar posesión do seu novo cargo nunha xuntanza celebrada na vila da Barca e co voto unánime dos asistentes. Do colectivo xa formaban parte Antón Castro, Yolanda Castaño, Modesto Fraga, Juan Creus, Covadonga Carrasco, Bieito Romero, Antón Pombo e Xosé Teiga.

O escritor compostelá é autor das novelas Portosanto, Misarela, El Custodio de los libros e Hijos de Gael. Rodrigo xa é un habitual dos eventos que se levan celebrando nos dous establecementos hoteleiros dende os seus inicios, coa particularidade que fai a sua incorporación exclusiva: todos os seus libros foron presentado en Bela Fisterra. “O seu entusiasmo fixo que se convertese tamén nun gran prescriptor dos dous hoteis”, afirma Pepe Formoso, xerente dos mesmos.

Costoya cadrou o seu discurso de agradecemento cun brinde no que enxalzou o amor pola terra e pola cultura do país que representan o Bela Fisterra e o Bela Muxía. Fixo referencia tamén a elementos da nosa historia como o viño do Ribeiro -"en tempos, o mellor do mundo”-, que viaxou nas naves de Colón -"outro galego universal"- na expedición do descubrimento; e da nosa xeografía, como a propia Costa da Morte, un lugar no que o esplendor da natureza foi sempre fonte de inspiración para a creación artística. Brindou, tamén, polos “feros corvos de Xallas/que vagantes andás/en salvaxe compaña/sen hoxe nin mañá”. Asemade fixo mención á labor do consello de sabios á hora de contribuír á identidade nacional dende eidos tan diversos como a arquitectura, a literatura, a hostalería, a medicina, o deseño ou os medios de comunicación, cunha referencia especial a Pepe Formoso como impulsor deste tipo de iniciativas.

A labor de este diverso e experto grupo consiste fundamentalmente en asesorar en asuntos relacionados coa cultura e a filosofía dos propios establecementos. Unha da súas responsabilidades máis importantes é a elección da persoa que ocupe a habitación Marea Viva. Unha exclusividade de Bela Fisterra que consiste en que un autor ou autora literaria contemporánea veñá ao hotel, descanse nesa estancia, se inspire, e teña ese cuarto tematizado coa sua obra e adicado durante un tempo.

A primeira protagonista foi Yolanda Castaño que escribiu e creou un videopoema titulado Bela Fisterra que pode verse na mesma habitación. O testemuño colleuno Juan Carlos Mestre, o poeta berciano, Premio Nacional e Premio da Crítica que é o actual Marea Viva.

O evento rematou cun xantar en Bela Muxía onde, coma sempre, Ángel Castro e Celia Vilela fixeron gala da súa hospitalidade e do seu ben facer culinario.

25 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.