Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Roi da Costa será o presentador da Festa da Carballeira de Zas

Zas. A escasos días do arranque da Carballeira de Zas, un dos decanos da música folk nacional e internacional, descóbrese o nome do presentador da festa: Roi da Costa. Segundo as súas declaracións atópase “súper ilusionado e orgulloso de poder presentar a 37 edición da Festa da Carballeira, para min, a festa folclórica máis importante e máis enxebre de Galicia”.

Foron dous ano sen festa da Carballeira, polo que o municipio celebrará esta 37 edición por todo o alto. E é que o festival, que se desenvolverá entre este venres e o sábado, chega cun cartel cargado de sorpresas para todos os públicos.

O venres arrancará da man de A Banda da Loba, Heredeiros da Crus e Mileth e continuará o sábado dende as 12 do día coa Feira de artesanía e a xa tradicional Mexilloada Popular. A música virá a cargo de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Os Farrapos, a Foliada, Arredores, Deira, Xisco Feijoó, Rura e finalmente pechará Sondarúa.

As entradas están a venda anticipada en internet ata o próximo venres 12 ás 15.00 horas no enlace: https://www.festadacarballeira.com/entradas/ cun custo de quince euros máis gastos de xestión o bono para os dous días, e bono de día individual 8 €máis gastos de xestión. A partir deste momento poderanse atopar na venda en taquilla con prezos de doce euros entrada para un so día, e 20 bono para os dous días.

Como cada ano, na Carballeira atoparase moito máis ca música. Unha ampla oferta gastronómica, mexilloada de balde para todos os asistentes, unha gran zona infantil con xogos tradicionais, e a sesión vermú, este ano amenizada por Xabier Díaz, e Adufeiras de Salitre, farán da tarde do sábado o momento perfecto para pequenos e grandes. Parte da recadación da venda de bonos online irá a ASPABER. c.g.

10 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.